Inspección de Outono no Río Valiñas: Proxecto Ríos
Sábado 24 de outubro, de 11:00 a 13:00 h
Volvemos ao río! Chega a nova xornada de Inspección de Outono no Río Valiñas dentro do programa do Proxecto Ríos de ADEGA. Unha actividade de ciencia cidadá ideal para que os nenos e nenas tamén participen, na que se analizará o estado da auga, a biodiversidade e a saúde do ecosistema fluvial no tramo que temos en custodia ao seu paso por Ledoño.
Podes ler máis detalles sobre como foi esta inspección en primavera nas publicacións do noso blog: artigo de presentación e crónica da xornada.
Información importante:
- A actividade é totalmente de balde e aberta a quen queira colaborar.
- Recoméndase traer roupa cómoda e calzado adecuado para andar na contorna do río.
- Non esquezas apuntarte no formulario.
Coñecer o río é o primeiro paso para coidalo e defendelo. É unha actividade ideal para facer cos peques da casa! 🌊